Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa Da Cultura De Foz acollerá este sábado unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadería coa obra Elisa e Marcela

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado ás 19:30 horas unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadería, que ofrecerá a obra Elisa e Marcela. Trátase dunha comedia para adultos cunha duración de 75 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros. Poden mercarse anticipadamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz. Esta obra conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares e noutros durante este ano 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Exit mobile version