Site icon Crónica3.com A Mariña

A contorna da praza de abastos de Ribadeo acolle este domingo, día 23, o evento chamado Pementos Fest

Ribadeo, 21 de setembro de 2018. A contorna da praza de abastos de Ribadeo acollerá este domingo, día 23 o evento chamado Pementos Fest. Está organizado polo Concello de Ribadeo e a Asociación de Produtores de Horta A Sucadoira.
Desde a organización explican que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o Pemento de Piñeira. Para elo celebrarase o Pementos Fest o vindeiro domingo, día 23 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos”.
Os organizadores engaden que “esta xornada dedicada ao pemento, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, contará cunha mostra de elaboración de cervexa artesanal a cargo de BB de Ribadeo a partir das 11 horas. Ás doce do mediodía haberá unha intervención arredor do Pemento de Piñeira e contorna, situación e potencialidades, a cargo de Marcelo Castro, técnico da Consellería de Medio Rural. A continuación haberá unha mostra e degustación de pementos da zona. E as 12:30 horas contaremos coa actuación do grupo de falapandeireta de Rinlo chamado Ericas e Peluxías”.

Exit mobile version