Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación dota dunha cuberta ao campo de bolos da Pontenova con 21.000 euros

Lugo, 19 de setembro de 2018. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, informou este mércores que o Goberno Provincial mellorará o campo de bolos do municipio, dotándoo dunha cuberta, cunha achega de 21.000 euros. Campos Conde explicou que hoxe en día, o campo de bolos atópase totalmente descuberto o que provoca que o terreo, durante a meirande parte do ano, se atope mollado debido ás choivas ou con follas e maleza que arrastra o vento, o que impide xogar con normalidade.

Campos Conde explicou que “o que buscamos con esta pequena obra é ofrecerlle aos veciños e visitantes un campo de bolos que poidan utilizar durante todo o ano xa que conta con moitos afeccionados na zona. De feito, todos os anos, se realiza o campionatos de bolos, o que dá mostra da necesidade de acometer estes traballos. Ademais, no Concello existe a Asociación con 16 membros que, todas as semanas, adestran nesta campo”.

O tamén alcalde da Pontenova informou que durante estes anos, dende o Goberno Municipal xa se realizaron obras de mellora e acondicionamento no campo, coma un peche, a dotación dun sistema de alumeado que permita xogar cando haxa pouca visibilidade, así como unha zona de descanso con bancos.

As actuacións consistirán en levantar unha estrutura de madeira con cuberta a dúas agudas, dunhas dimensións de 9 metros por 9 metros, xunto a un voladizo perimetral duns 40 centímetros.

Exit mobile version