Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pontenova revive a tradición cunha nova edición da Festa da Malla

A Pontenova 1-9-18. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, acompañado dos veciños da vila, participou este sábado na IV Edición da Festa da Malla, coa que colabora o Goberno Provincial, e que tivo lugar a carón do Pozo da Ola. Na xornada, que comezou ás 12:00 horas, incluíronse diversas actividades como demostracións con malles (un apeiro manual para bater o cereal e extraer o gran), despois houbo comida popular, na que participaron 200 veciños, e sesión vermú.

Campos Conde agradeceu a colaboración e o traballo de todos os veciños que participaron nesta nova edición “especialmente a Manolo de Pada que foi o verdadeiro promotor desta cita, que xa celebra a súa cuarta edición. Para nós son importantisimas este tipo de iniciativas xa que contribuen a promover e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia”.

Exit mobile version