Site icon Crónica3.com A Mariña

A ribadense Celia Castro Fernández presentou en Madrid o seu libro “Pintura y Fotografía en el Siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros”

Ribadeo, 21 de setembro de 2018. A ribadense Celia Castro Fernández presentou en Madrid o seu libro Pintura y Fotografía en el Siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros. O acto celebrouse este xoves, na Casa de Galicia en Madrid.
Nesta presentación interviron, xunto á autora, o académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e autor do prólogo, Víctor Nieto Alcaide, e a editora Laura Rodríguez Herrera. Xunto a eles estivo o director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.
Acompañaron a Celia Castro amigos e tamén familiares de Dionisio Fierros, que residen en Madrid, ademais de ribadenses afincados na capital.
Colaboraron na organización deste acto a Xunta, a Casa de Galicia e Hércules Edicións.
Celia Castro seguirá coas presentacións deste libro o 3 de octubre na Escola de Artes de Lugo e na Academia de Belas Artes de A Coruña o 13 de novembro.

Exit mobile version