Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en 1,2 quilómetros do río Loureiro en Santo Estevo e San Pedro de Viveiro

Viveiro, 26 de setembro de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes e a cunca en 1,2 quilómetros do río Loureiro, ao seu paso por Chaos e Valcarría -en Santo Estevo- e San Pedro de Viveiro.

Os traballos, que previsiblemente rematarán mañá mesmo, consisten fundamentalmente na roza selectiva de varios puntos dos ríos, na retirada de árbores caídas na canle, así coma madeira morta, co fin de evitar atoamentos. Tamén se traballa na eliminación de sedimentos acumulados na canle.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que estes traballos encádranse nas actuacións que ao longo do ano desenvolve Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora nas bacías da Demarcación Galicia-Costa co obxectivo de garantir a protección dos ecosistemas fluviais, así como asegurar a correcta circulación das augas.

Exit mobile version