Site icon Crónica3.com A Mariña

Acondicionamento e mellora das beirarrúas de acceso a Lodeiro, Viveiro

Viveiro 24-9-18. Na Xunta de Goberno Local do día de hoxe acordouse o inicio dos expedientes de contratación para a execución das obras que se refiren a continuación, incluídas na solicitude de subvención do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2018:

– Acondicionamento e mellora das beirarrúas de acceso a Lodeiro, Viveiro.

Este proxecto ten un presuposto de contrata de 23.174,39 euros.

O obxectivo deste presente proxecto é a actuación en tres zonas do vial, o que permitirá mellorar notablemente tanto os servizos como a imaxe visual do entorno.

As zonas de actuación son as que a continuación se describen:
– Zona 1. Fronte á gardería, reposición dun pequeno tramo de beirarrúa, acondicionándoo coas mesmas características que as realizadas recentemente. Tamén se reporá o paso de peóns elevado.
– Zona 2. Fronte ao centro de saúde, ao igual que na zona anterior, acondicionarase un tramo de beirarrúa e dotarase de alumeado público similar ao disposto recentemente na zona.
– Zona 3. Fronte ao aparcamento existente na zona de xogos, botarase formigón na zona de comunicación da beirarrúa co centro de saúde, realizada en H.A., tamén se dotará dunha pequena zona verde que funcione como separador físico entre a beirarrúa e os vehículos estacionados.

Así, pois, as obras que se pretenden realizar consisten en:

1. Levantado de pavimento e instalacións existentes.
2. Mellora da pavimentación: Reposición do firme con aglomerado asfáltico para a zona de vial e con baldosa de pizarra negra e loseta de granito gris, con bordillo de granito en aceras.
3. Saneado da rede de alumeado público: Na zona 2, dotación de dúas luminarias e de unha canalización e cableado novo.

– Acondicionamento e mellora do paseo marítimo de Covas no tramo fronte aos Castelos.

Este proxecto ten un presuposto de contrata de 43.626,95 euros.

O proxecto referido pretende susbsanar as deficiencias detectadas no paseo marítimo de Covas, na zona situada fronte aos islotes dos Castelos. O paseo marítimo, dada a súa exposición ao mar, en momentos de oleaxe, recibe fortes impactos, o que nalgún punto provoca o deterioro do muro que o separa da praia, desprendendo algunha das súas pedras e provocando a filtración de auga cara o interior do paseo, o que está xerando oquedades no terreo co conseguinte deterioro da pavimento.

Vistas estas anomalías, o Concello de Viveiro procedeu á execución de catro catas que permitisen analizar a situación na que se atopa o subsuelo, observándose nunha delas un oco baixo a soleira de sustentación do pavimento.

Tras detectar esta deficiencia, o Concello de Viveiro decidiu asumir a execución das obras necesarias para proceder ao reforzo e recheo da zona afectada e paralizar as filtracións e lavado de terreo que se veñen producindo. As obras que se pretenden realizar para isto son:
– Demolición do pavimento actual e a soleira de formigón, nunha superficie de 5,00 x 15,00 metros.
– Retirada en dita superficie de actuación do material de recheo existente baixo a soleira.
– Posterior recheo da zona de actuación con formigón ciclópeo, que ademáis permitirá reforzar o muro que sostén o paseo.
– Reposición dos servizos afectados de rede de pluviais e de saneamento.
– Reposición da instalación de alumeado público.
– Reposición do pavimento, execución de soleira de formigón armado sobre a que se disporá a baldosa hidráulica similar á existente.

– Pavimentación e servizos na rúa A Calexa, en Celeiro

Este proxecto ten un presuposto de contrata de 64.021,38 euros.

O obxectivo deste proxecto é a reposición da pavimentación do vial denominado rúa A Calexa, así como a mellora de todos os servizos urbanos e a reestruturación integral do mesmo, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellorar a calidade visual e urbana do entorno.

Con respecto ao pavimento preténdese eliminar o actual formado por soleira de formigón e substituílo por soleira de formigón impreso.

Restituirase totalmente a rede de saneamento e de abastecemento de auga, dado que as actuais redes se atopan deterioradas e resultan insuficientes para garantir as necesidades actuais.

Disporase dunha rede separativa de recollida de pluviais, mellorando a ubicación dos sumideiros ao longo do vial que na actualidade se atopan conectados á rede de saneamento. A día de hoxe, as augas de chuvia discorren libremente polo vial e van a parar a través duns sumideiros á rede de sanemanento. A presente actuación pretende reordenar a disposición de sumideiros ao longo do vial co obxectivo de garantir a circulación dos peóns en momentos de fortes chuvias e conectalos a unha rede separativa de pluviais.

A instalción de alumeado público mellorase mediante a canalización do cableado que a día de hoxe discorre grampado polas fachadas.

Así, pois, as obras que se pretenden realizar consisten en:
1. Levantamento de pavimentación e instalacións existentes.
2. Mellora da pavimentación: pavimentación con formigón impreso antideslizante en soleira de formigón armado de 15 cm.
3. Reposición rede de saneamento: reposición da rede de saneamento, executando novos de pozos de rexistro e substituíndo a actual canalización por unha de PVC SN4.
4. Reposición rede de pluviais: reposición de sumideiros e dotación de rede separativa de augas pluviais, formada por pozos de rexistro e canalización de PVC SN4.
5. Reposición rede de abastecemento: reposición da rede de abastecemento que na actualidade está formada por tubos de fibrocemento, sendo sustituídos por tubería de polietileno.
6. Saneamento da rede de alumeado público: dotación de unha canalización e cableado novo, acorde coas normativas vixentes, para eliminar o tendido existente por fachadas.
7. Dotación canalización suministro eléctrico: realización de canalización para posterior canalización de tendido eléctrico formada por tubos de polietileno corrugado en prisma de formigón.
8. Dotación canalización telecomunicacións: realización de canalización para posterior canalización de tendido telecomunicacións formada por tubos de PVC en prisma de formigón.

– Pavimentación e servizos entre os números 96 e 102 da Rúa Grande de Celeiro.

Este proxecto ten un presuposto de contrata de 38.310,62 euros.

A rúa obxecto do presente proxecto é a arteria principal de comunicación do núcleo urbano de Celeiro co porto. O seu trazado sinuoso e a tipoloxía edificatoria das edificacións que a flanquean confírenlle unha singularidade especial, mantendo a día de hoxe a tipoloxía propia dun asentamento tradicional mariñeiro.

Neste momento a Rúa Grande atópase totalmente saneada ata a edifición número 96, quedando pendente aínda todo o tramo comprendido entre o número 96 e estrada LU-862.

O presente proxecto contempla a actuación entre a edifición número 96 e número 102, lugar no que se produce o ensanche do vial, pasando de ser unha configuración de rúa estreita empedrada a un vial con zona de rodadura flanqueado por beirarrúas a ambos lados.

A rúa está actualmente dotada dos servizos de rede de abastecemento de auga, alcantarillado e alumeado público. Ditos servizos foron realizados hai máis de 25 anos co que debido ao crecemento urbanístico quedaron obsoletos, sendo as seccións de tubería existentes insuficientes para garantir o bo funcionamento dos servizos urbanos.

Cómpre destacar que este vial se atopa pavimento con soleira de formigón, a cal en zonas está totalmente deteriorada, dificultando nalgúns casos o tránsito tanto peonil como rodado. A día de hoxe este vial, dende a zona de actuación e o porto, atópase pavimentado con losetas de granito.

Así, pois, as obras que se pretenden realizar consisten en:

1. Aumentar a sección dos tubos que forman a ede de evacuación de augas residuais.
2. Dotar a este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais.
3. Aumentar a sección da rede de subministro de auga potable, e así garantir o bo servicio da instalación.
4. Canalizar a instalación de telefonía ara poder liberar as fachadas do cableado grampado, así como nos cruces e interseccións de viais.
5. Canalizar a instalación eléctrica que discorre polas fachadas ao igual que a de telefonía.
O cableado tanto de telefonía como o eléctrico, ademais de desmellorar a imaxe global do entorno, cruzan a rúa, e en determinadas zonas está demasiado baixo, o que ocasiona en determinado puntos certos impedimentos para a circulación de vehículos de gran porte.
6. Demoler o pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abujardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo.

– Reposición de beirarrúas no primeiro tramo da rúa Cidade de Ortigueira-Covas.

Este proxecto ten un presuposto de contrata de 43.606,13 euros.

Con este proxecto preténdese continuar co proceso de mellora do entorno da praia de Covas, un lugar de moito tránsito rodado e peonil cunha masiva afluencia de xente en época estival.

Así, pois, as obras que se pretenden realizar consisten en:

1. Restituír o tramo de beirarrúa existente próximo á C-642, homoxeneizándoas coas realizadas recentemente noutras zonas de Covas.
2. Creación de beirarrúas no resto deste vial.
3. Dotación da instalación e canalización da rede de alumeado público en todo o vial e reposición de luminarias no tramo comprendido entre Avda de Vilalba e o paseo marítimo.

Tras o aprobación no día de hoxe do inicio dos expedientes de contratación, estímase que todas estas obras poidan estar adxudicadas, previsiblemente, entre finais de outubro e principios de novembro.

Cada unha delas ten un prazo de execución medio de 2 a 3 meses.

Segundo o establecido nas bases desta subvención, o prazo para a execución destas obras remata en outubro de 2019.

Ademais das obras referidas, este concello executará grazas ao Plan Único 2018 da Deputación de Lugo a obra “Ampliación rede saneamento no lugar de Toxeiras (Landrove-Viveiro)”, cun presuposto de contrata de 47.260,53 euros. O acordo para o inicio do expediente de contratación desta obra está pendente por atoparnos á espera da autorización sectorial de Augas de Galicia, cuxa solicitude foi remitida por este concello a esa administración o 5 de xuño de 2018. O concello solicitou a Augas de Galicia en canto se aprobou a exposición pública do proxecto, antes de recibir a notificación da aprobación do Plan Único, e a pesar disto Augas de Galicia aínda non remitiu a autorización correspondente.

Por outra banda, na Xunta de Goberno Local do día de hoxe tamén se acordou a concesión da licenza a licenza de obra para a construción do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) na explanada situada en Avda Ramón Canosa, nº 6, polo que o INSS poderá iniciar as obras proximamente. Dende o concello, despois de tantos anos de espera, valórase positivamente este trámite que suporá a creación dun novo edificio que mellorará os servizos prestados aos veciños e veciñas de Viveiro, tanto por ubicación, como por accesibilidade, instalacións, etc; a construción deste edificio servirá, ademais, para mellorar a zona de Lodeiro, na que xa se ubican outros servizos públicos, como o centro médico ou correos, e que está sendo obxecto dun gran proxecto de mellora grazas ás subvencións concedidas pola Deputación de Lugo.

Exit mobile version