Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz financiará un proxecto de novas tecnoloxías no CEIP Castro de Ouro. A iniciativa foi recollida nos orzamentos municipais de 2018 a proposta de VIA

Alfoz 7-9-18. O concello de Alfoz concederalle unha axuda para un proxecto de novas tecnoloxías no Ceip Castro de Ouro para este vindeiro curso 2018-2019, que suporá, entre outras cousas, o uso de contidos didácticos a través de tabletas dixitais para todos os alumnos de primaria. A iniciativa, que foi recollida nos orzamentos municipais de 2018, foi proposta por Veciños Independentes de Alfoz (VIA). A pesar de que VIA non ten asumidas as competencias en educación dentro do goberno municipal, “o compromiso coa educación e polo mantemento dos nosos centros é sen dúbida unha das nosas prioridades” segundo indican desde a formacion. Respecto a este compromoso desde VIA recórdase que no curso pasado tamén foi proposta da formación independente a creación dun banco de libros para os alumnos do Ceip Castro de Ouro, laiándose de que este ano o concello non poda asumir directamente o custe dos libros de texto, do que finalmente parece que vai facerse cargo a Anpa do centro. Coa intención de traballar pola calidade do ensino no Ceip Castro de Ouro, desde VIA vaise propor dentro do goberno municipal, unha reunión coa Anpa e co centro para coordinar as diferentes iniciativas que se levan a cabo non so desde o punto de vista educativo senón tamen no referente ás actividades extraescolares.

Exit mobile version