Site icon Crónica3.com A Mariña

Alma de campións. Aposta por nós!

Burela 3-9-18. O Pescados Rubén Burela FS estrea setembro coa campaña de socios 2018-19. Os carnés estarán disponibles dende hoxe na sede do club laranxa (Avda. Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela). Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00//16.00-19.00) e venres (10.00-14.00).

Con Alma de Campións. Aposta por Nós!, no inicio da tempada máis ambiciosa da historia da Familia Laranxa, o club laranxa mantén as tarifas dos seus abonos e acceso gratuíto para os menores de 18 anos, tanto para os partidos de Primeira División RFEF coma de Segunda División LNFS.

O spot promocional, que a punto está de saír do forno, contou coa colaboración de socios/as, afeccionados, Xoias Laranxas da escola e vecinos espontáneos, xunto a patrocinadores e xogadores/as sénior.
Tarifas de socios/as para 2018-19
Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto
Agasallo para os 100 primeiros socios. Os 100 primeiros socios/as que recollan o seu carné recibirán como agasallo un orixinal chaveiro prateado do club de edición limitada.
Convida a un amigo. Cada socio/a tamén poderá convidar a un amigo para o inicio da décimo oitava tempada laranxa, prevista para o 15 de setembro, co xornada 1 de Segunda LNFS, fronte ao Gran Canaria FS. No momento da recollida do carné, cada abonado recibirá unha invitación para a cita que abrirá 2018-19.

Exit mobile version