Site icon Crónica3.com A Mariña

Álvaro Santos: “Non imos a ser cómplices silenciosos da violación ao dereito á información da cidadanía e á dignidade profesional dos traballadores públicos”

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2018.- O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, participou este sábado na manifestación convocada Pola dignidade dos medios públicos, convocada polos traballadores de CRTVG, xunto aos seus compañeiros en RTVE en Galicia, para que estes profesionais “deixen de ser represaliados do Partido Popular de Feijóo”.

Santos Ramos destacou que “moitos galegos quixemos hoxe acompañar aos profesionais da TVG e Radio Galega, ao igual que aos de RTVE en Galicia, na súa loita pola dignidade profesional e informativa; na defensa de poder exercer o traballo para o que están cualificados; informar, formar e entreter dende uns medios públicos que son de todos os cidadáns”.

“Quero darlles a noraboa pola valentía de erguer a voz contra este atropelo á súa dignidade profesional e tamén ao respecto que todos os galegos merecemos. Non podemos consentir que un galego que vexa a TVG non saiba o que está pasando en Galicia. Que un galego que escoite a radio galega non escoite e coñeza o que esta pasando en Galicia”.

“O Partido Popular non deixa aos profesionais dos medios públicos ofrecer aos veciños información libre e veraz. Tenos represaliados para ocultar informacións e manipular outras co fin de que o único e exclusivamente que chegue aos veciños sexa o que lle interesa ao PP de Feijóo”.

“Dende o PSOE de Lugo non imos ser cómplices calados e silenciosos desta violación e atropelo ao dereito á información e á dignidade profesional de centos de profesionais que todos os días se esforzan para informarnos, formarnos ou entreternos e ven como o seu traballo é recortado e esnaquizado por esta manipulación do PP, que parece non ter freo”.

“Hoxe erguemos a voz con eles, acompañándoos na defensa dunha Galicia libre, que nunca chegará sen información libre e veraz”.

Exit mobile version