Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial é un autentico privilexio promocionar unha feira con tanta tradición, xa que conta con 862 anos de historia, e esta considerada unha das mais antigas de Europa. E facémolo co obxectivo de promover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia, e As San Lucas de Mondoñedo son un autentico símbolo de referencia desta cidade mariñá”.
O Presidente subliñou que esta cita “segue perdurando no tempo gracias ao traballo incansable dos veciños e da Asociación As San Lucas que segue loitando ano tras ano, para que Mondoñedo siga presente na programación das feiras de Galicia. Si as San Lucas seguen celebrándose, ano tras ano, é grazas ao empeño xeneroso de xente anónima e desinteresada que non quere perder as súas tradicións”. Campos Conde explicou que durante estas xornadas os participantes poderán gozar dunha programación única, que une sobre todo tradición, cultura, música, e por suposto diversión.
862 edición
As Feiras e Festas das San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1.156, e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das máis antigas de Europa. Foi naquela época, concretamente o 9 de novembro de 1156, cando o rei Alfonso VII concede a Vilamaior (Mondoñedo), o titulo de cidade, o que conleva feira mensual nas calendas así como unha feira anual de 8 dias por Santa María de agosto (orixe das feiras). O cabalo é o protagonista indiscutible desta cita, que comeza o 17 de outubro a partir das 18:45 horas, coa baixada dos cabalos dos montes de Mondoñedo, que percorren as rúas céntricas da cidade, ata chegar á Praza da Catedral, para despois rematar no Campo dos Paxariños, onde se celebra a feira. Este ano a organización ten previsto repartir preto de 8.000 euros nas máis de 50 categorías de premios que se reparten entre a gran Feira tradicional de gando que se celebra o 18 outubro no Campo dos Paxariños; e no Recinto da Granxa, que acolle o concurso de andadura galega.
Concerto de Carlos Núñez na Catedral de Mondoñedo
As festas comezarán o 17 de outubro ás 20:45 horas no Auditorio Pascual Veiga do Concello, onde terá lugar o pregón a cargo do reitor da USC, Antonio López. Un home moi vencellado a Mondoñedo onde estudou tanto no Seminario, como no Instituto San Rosendo. Previamente, xunto a todas as autoridades, realizarase unha homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela no interior da Catedral. O cartel das feiras das San Lucas é obra do autor mindoniense Xosé Vizoso, no que o artista homenaxea ao expresionismo alemán. O extenso programa inclúe o concerto do grupo EXTRA o sábado na Praza da Catedral, e o domingo na Catedral de Mondoñedo concerto de Carlos Núñez, as entradas saen é venda este venres en ataquilla.com. A axenda conta ademais cunha homenaxe, o día 21, a Pascual Veiga por parte da Fundación Pondal. Haberá maxia, charangas así como encontros folclóricos, monólogos con Quico Cadaval ou teatro, entre outras moitas. Por último, a Asociación das San Lucas e o Colectivo Mondoñedo É… fará entrega da terceira edición do Premio Mondoñedo, na modalidade de teatro .
Doma nocturna
Unha das novidades desta edición é un espectáculo único de doma nocturna que se presenta por primeira vez en Galicia, a cargo de Javier Simón e Toño Serrano. A actuación contará con leds, equifire e alta escola de fantasía -reverencias, sentada, deitado-, e participarán oito cabalos. Ademais, haberá exhibición de doma en liberdade con Paco Martos. A danza e a coreografía correrán a cargo de Marta Larriba Adell e osmalabares e o fire effect virán da man de Jaime de Morla. A actuación será no día grande das feiras, o 18 de outubro ás 20:30 horas. Tamén se poderá ver un segundo pase o día 19, desta volta ás 21:30 horas.
Unha feira que garda a esencia de antano
Miguel Souto agradeceu a implicación da Deputación nesta Feira e convidou a todos os visitantes a achegarse á cidade para descubrir unha feira, que 862 anos despois, segue gardando a esencia de antano, e celebrase ademais, nun entorno único como son as rúas de Mondoñedo. “O que queira ver como se axusta a venta dun animal, ou contemplar unha escena única como a baixada dos cabalos polas rúas empedradas dende o Val ata o centro da cidade, ten que achegarse a Mondoñedo e deixarse levar por todos e cada un dos seus arrecendos e desfrutar dun momento único, as Feiras das San Lucas. O escritor, Miguel Anxo Murado definiu As San Lucas como a apoteose lírica do cabalo galego. Por todo isto, quedades todos convidados dende o 17 ao 21 na cidade de Cunqueiro”, resumiu.