Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo ultima os preparativos para a II Semana de Prevención de Incendios na que participarán máis de 700 escolares de toda A Mariña

Cervo, 21 de setembro de 2018.- O Concello de Cervo ultima os preparativos para a II Semana de Prevención de Incendios que terá lugar o 24, 25 e 26 de setembro, no Pavillón da Veiga en San Cibrao.
Tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares “participarán máis de 700 escolares de diferentes centros educativos de toda a Mariña aos que lles remitimos semanas atrás unha carta para convidalos, e que poderán coñecer en primeira persoa o dispositivo de emerxencias co que contamos en Cervo; ademais de asistir a simulacros de evacuación de incendios, a sesións prácticas de primeiros auxilios ou a charlas e proxeccións sobre autoprotección escolar, entre outras actividades”.
A iniciativa está promovida un ano máis en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), e conta tamén coa colaboración de Alcoa.
A inauguración destas xornadas didácticas terá lugar o vindeiro luns ás 10:00 da mañá no Pavillón da Veiga; e contará coa participación do rexedor, Alfonso Villares, do edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, do responsable do G.E.S de Cervo, Mario Antuña, do Coordinador de Actividades Iberia por parte da Fundación MAPFRE, Javier Barreiro, e do xefe do parque de bombeiros de Arteixo e membro da Xunta Directiva da APTB; Alejandro García Díez ademais dun representante de Alcoa.

Exit mobile version