Site icon Crónica3.com A Mariña

Cine ao aire libre en Xove

A proxección vaise desenvolver este venres 21, a partir das 21:30 horas na Praza do Centro Cívico. Se chovese pasaríase ao interior do pavillón. Está organizada pola Rede de Dinamización Lingüística, dentro do Programa Redecinema da Xunta. Nesta actividade colabora a Concellería de Cultura do Concello de Xove. A entrada é de balde. “Pérez, o ratiño dos teus soños” é unha coproducción galega de animación, dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax e Patagonik Film Group. Trátase dunha película de calidade que recibiu, entre outros premios, un Goya á mellor película de animación.

Exit mobile version