Site icon Crónica3.com A Mariña

Concertos de promoción da Escola Municipal de Música de Xove

Xove 20-9-18. Este xoves cinco profesores da Escola Municipal de Música de Xove (quinteto composto por dous violíns, unha viola, un chelo e unha frauta) realizaron un pequeno concerto en cada centro educativo, dunha duración de media hora cada un deles, interpretando 5 partes da obra D. Quijote de G. Ph. Telemann.
Con estes dous concertos abríronse as actividades do Curso 2018-2019 da Escola Municipal de Música de Xove. Tiveron unha dobre finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces, e promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro.
Os concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
O luns, 1 de outubro, ás 20:30 h. terá lugar a presentación oficial do Curso 2018-2019, acto que se vai realizar na sede da Escola en Palmeiro.

Exit mobile version