Desta volta a ponencia correrá a cargo de Vicente Feijóo, responsábel de Toponimia da Real Academia Galega (RAG) e que tamén foi coordinador ao longo de once anos do proxecto da Xunta “Toponimia de Galicia”. Vicente Feijóo vainos explicar a orixe dos nosos nomes de lugar e indicaranos o mellor xeito de conservación para as xeracións futuras deste verdadeiro tesouro inmaterial que posúe o pobo galego.
A conferencia terá lugar o vindeiro venres día 28 de setembro, ás 20h00, na “Aula de Formación” do Concello de Xove (ubicada fronte ao xeriátrico).