Viveiro, 4 de setembro de 2018. Con motivo do paso de La Vuelta 2018 polo noso municipio, e segundo a información facilitada tanto pola organización do evento como pola Xunta de Galicia con respecto ao tramo horario no que se prevé que a proba pase por Viveiro, comunícase que o xoves 6 de setembro, entre as 13:30 e as 16:00 horas, se cortarán ao tráfico todos os accesos á Estrada Xeral (LU-862) dende o cruce de Area ata o cruce das Sirenas, quedando cortado ao paso da carreira todo o centro do casco urbano.
Dende o concello solicítase á cidadanía que teña precaución e atenda as indicacións dos axentes que velarán pola seguridade do evento; pídese, ademais, que os propietarios de cans teñan especial coidado durante ese tramo horario co fin de evitar calquera tipo de incidente.
Finalmente, pídense disculpas polas molestias que estes cortes poidan ocasionar.