Cervo 19-9-18. A institución do Valedor do Pobo creouse para defender os dereitos dos galegos, entre outras cousas fronte a Administración pública, e para defender a transparencia do funcionamento de ditas administracións. E ante todo tratábase dun organismo independente, ao marxe dos partidos políticos, que buscaba defender os dereitos básicos dos cidadans da pé.
Acepta a Valedora do Pobo a invitación do Alcalde Señor Alfonso Villares para visitar o Concello de Cervo para achegarse ao texido asociativo de Cervo e a veciñanza, para dar unha clara imaxen de que o Concello de Cervo e un Concello transparente. Insultante!.
Esquece a señora Milagros Otero que dende ou día 1 de decembro de 2017 ata a actualidade a institución que ela representa tivo que abrir en 11 ocasións un expediente para instar ao señor Villares a contestar as preguntas presentadas no rexistro do Concello por parte desta formación política de CxG Cervo dá man do seu secretario local Jose Luís Moñita Martin, e por riba, nalgunha ocasión tivo que recordarlle por segunda vez no mesmo expediente ao señor Villares que tiña obriga de contestar.
Non creo que haxa moitos concellos con mais expedientes abertos que o que preside o señor Villares.
Supoño que tamén será unha casualidade que esta maña, xusto despóis de que o señor Villares anunciase a visita dá Valedora do Pobo, se pechasen de golpe os 8 expedientes que tiñamos abertos CxG Cervo na oficina do Valedor do pobo. Seguro que e unha casualidade. Indecente!.
Pecha a señora Valedora do Pobo a maioría de ditos expedientes coa seguinte resposta por parte de Concello de Cervo ..” esta información está a súa disposición na páxina Web do concello, nas plataformas de información pertinentes ou nos boletins oficiais correspondentes.” Reto a señora Milagros a que atope ditas informacións en eses medios xa que nin nós nin expertos informáticos son capaces de facelo.
Podería ter a señora Valedora a decencia de polo menos disimular, xa que gañou do erario público o ano pasado 95.059 € e este ano 2018 un 7% mais. Irrespetuoso!.
Vai explicarlle maña a Valedora do pobo a asociacions dás que solicitamos o xustificante dás subvencions que recibiron, e que non as achegaron, o que eétransparencia? Ou tal vez vai explicar a Valedora do Pobo que e transparente que siga ela no seu posto despois de enchufar e contratar de forma irregular a una familiar do ex todopoderoso do PP de Galicia?
Indecente, insultante e irrespetuoso.
JOSE LUIS MOÑITA MARTIN