Site icon Crónica3.com A Mariña

“Educando en Familia” en Viveiro

“Educando en Familia” é unha asociación sen ánimo de lucro, que xorde tras a desaparición de Preescolar na Casa e que desenvolve a súa actividade nas comarcas da Mariña Lucense e a Terra Chá, dirixindo o seu programa educativo a familias con nenos de 0 a 3 anos, especialmente do ámbito rural. O vindeiro 25 de setembro, ás 11:00 horas, no Edificio 2 do IES Vilar Ponte terá lugar unha charla informativa para explicar ás familias que o desexen en qué consiste este programa, ónde e cándo se vai impartir. O Concello de Viveiro colabora activamente coa “Educando en Familia” posibilitando, deste xeito, que poidan desenvolver a súa actividade neste concello.

Exit mobile version