Site icon Crónica3.com A Mariña

Elisa paz e Domingo Álvarez do C.D.Egovarros-Viviero, campións galegos de 5 km en ruta

Viveiro 3-9-18. O pasado sábado, celebrouse na localidade coruñesa de Vimianzo o Campionato galego de 5 km en ruta, cunha participación de máis de 250 atletas que representaban á maioría dos clubs galegos. O Egovarros-Viveiro, desprazou á proba a 11 atletas, 4 dos cales subiron ó podium. Elisa Paz, que se proclamou campiona galega en W55, o seu compañeiro Domingo Álvarez, que tamén foi campión galego en M65, Eliseo López, que foi medalla de prata en M65 e José Manuel Dopico, medalla de bronce en M60. Con esta proba remata a tempada dos Campionatos galegos de Atletismo, quedando pendente o do Mundo, que se celebra este mes de setembro na cidade de Málaga, na que competirán coa selección española 13 atletas do club viveirense.

Exit mobile version