O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “xa non quedan entradas para a actuación que Carlos Blanco ofrecerá en Lourenzá o día 29 de setembro. Tivo unha gran acollida e sentimos moito non poder atender todas as peticións de entradas, pero o motivo é que temos un salón de actos que se nos queda pequeno para este tipo de eventos”. A actuación de Carlos Blanco cos seus mellores monólogos, que está incluída na programación teatral do Concello de Lourenzá, forma parte do circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia.