Un espectáculo musical familiar e participativo dirixido a nenos e nenas ata 12 anos e que levarán a diante o coñecido músico XOAN CURIEL e a banda SON+d2, acompañados da bailarina Marta Alonso.
Logo de percorrer os escenarios galegos co libro-disco infantil “Estamos no verán”!!! ( da man da editorial Galaxia), preséntannos o seu novo espectáculo “A Casa do Terror” .
Unha aventura , na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e viven aventuras divertidas e terrorificas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada nente espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns , gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc.
Un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participacipación do público asistente.
ELENCO ARTISTICO.
Xoán CURIEL: Guitarra eléctrica e española, voz.
Jara ORTIZ: Voz.
Carlos FREIRE: Batería.
Alex SALGUEIRO: Teclado e programacións.
Antón FERNANDEZ: Baixo.
Marta ALONSO: Danza e voz.
A entrada ao espectáculo será libre e para tódolos públicos .
DELEGACIÓN MUNICIPAL DE CULTURA