
Estarán presentes os autores, Vicente Miguez e Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro. Trátase dun libro cunha edición moi fermosa e coidada, cun gran valor documental xa que contén numerosas fotografías e imaxes da época relacionadas có tema, á vez que un traballo de investigación exhaustivo. Imprescindible para coñecer o que foi o desenrolo industrial da nosa comarca ligado á pesca.