Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores os alumnos de 4º da ESO do IES Monte Castelo participaron na actividade “Asfalrelatos” con STOP Accidentes

Segundo explican as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, “o obxectivo desta charla foi concienciar aos rapaces do peligroso que é adoptar determinadas condutas cando conduces: beber alcohol, consumir drogas, levar unha velocidade excesiva ou usar o móbil, xa que corren o risco de provocar un accidente que pode costarche a vida a ti ou a outras persoas que se cruzan no teu camiño. Ao igual que tamén é unha conducta irresponsable subir nun vehículo conducido por unha persoa que está baixo o efecto das drogas ou do alcohol”. Esta actividade forma parte da programación da Semana da Mobilidade que se está a celebrar en Burela, “xa que non só intentamos que a mobilidade sexa o máis sostible posible, senón tamén que sexa o máis segura”.

Exit mobile version