Site icon Crónica3.com A Mariña

“EU, ESTIVEN NA DIADA”

Convidado por PDEcat estiven presente nos numerosos actos da Diada, do Día Nacional de Catalunya. E que queredes que vos diga, non me pasou nada, nin me adoctrinaron, nin me forzaron a comprar o camiño que eles defenden para facer a súa Republica.

Podo contar que vivín uns días de experiencias gratificantes e de altura política, nunha realidade difícil.
O día 10 participei nos actos do Fossar de les Morenes, fosa común dos defensores da Cidade de Barcelona na guerra de Sucesión de España en 1714. Foi a primeira lección, nese lugar estaban presentes moitos partidos d etodo signo, sociedades, colectivos e sindicatos, compartindo espazo e intervindo organizadamente, nada de crispación.
O día 11 na ofrenda de PDEcat, PNV e CxG a Rafael Casanova fun testigo de como a propia soiedade excluía dos actos a unha organización de extrema dereita nacionalista a berro de “un fascista é un fascista”. E presenciei a ofrenda de clubes deportivos, colexos profesionais, asociacións, sindicatos …
Fixemos o traxecto ata a manifestación no metro e respirabase un ambiente festivo, familias enteiras con bocadillos e bandeiras falando coa xente e celebrando… outra vez cero crispación. Fun testigo tamén do respeto e do civísmo xeral, na Diagonal mesturabase xente retirando lazos amarelos e xente da manifestación sen ningún tipo de enfrontamento, unha lección.

O camiño en Galicia dende a miña opinión é outro ben distinto, edificar un País dentro da Europa dos pobos maís amplo que a simple independencia, mais considero importante e moi digno estar acompañando a unha organización irmá. Acaso estamos olvidando a fraternidade entre pobos. Coido importante transmitir dentro de esta voraxine demagoxica que en Catalunya non están en guerra. Non compredes o mensaxe da extrema dereita.

Precísase política con firmeza e forza no dialogo, precisase dende Madrid unha aposta pola recuperación bilatralidade sen trampas e o final deixar que Catalunya vote, sexa cal sexa o resultado, para seguir edificando un espazo común de colaboración. Xa pasou en Escocia por exemplo.

Dende Bélxica, dende Escocia e dende Alemaña están demostrando que España non é unha democracia moderna , enmendando a acción legal do Reino de España iso si fai dano, e ollo o marco legal non sempre significa xustiza, son cousas diferentes.

Non seremos un Estado pleno mentre persoas esteñan en prisión por exercer liberdades civis, ollo non so políticos tamén temos sindicalistas e artistas.

Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

Exit mobile version