Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do cine ao aire libre en Xove

O pasado venres proxectouse en Xove “Pérez, o Ratiño dos teus Soños”. Estaba prevista na Praza do Centro Cívico, pero a climatoloxía obrigou a trasladala ao interior do Pavillón de Deportes. Estivo organizada pola Rede de Dinamización Lingüística dentro do Programa Redecinema da Xunta, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, e resultou todo un éxito, xa que unhas 200 persoas, nenos e nenas, en moitos casos acompañados dos seus pais, gozaon deste clásico da animación galego. Con esta proxección o Concello puxo “punto e final” a unha intensa tempada estival.

Exit mobile version