Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito na semana do teatro do Valadouro

O Valadouro 4-9-18. Chegamos ó ecuador da XXXIII Edición da Semana do Teatro afeccionado do concello de O Valadouro onde, polo de agora, tiveron moi boa acollida tanto o grupo Os Pícaros de Lagoa como o grupo Bule Bule Fussion-teatro formado por compoñentes dos grupos de teatro Raiolas de Alfoz como Trangalleiros de Lourenzá. Tanto nunh asesión como na outra numeroso público se tivo que quedar de pé ao quedarse pequeno o aforo habilitado para disfrutar do espectáculo. Con dous días de escenificacións, máis de 500 veciños se pasaron polas instalacións da Casa da Cultura.
Este martes tocaralle o turno ó grupo de teatro O Bordelo dirixido por Paco Piñeiro e que representará a obra Depende. Na xornada de mañá, mércores un dos espectáculos máis agardados polos afecionados ó teatro afecionado, onde o gruopo Ollomao representará a obra “Enciclopedia Álvarez” para rematar as xornadas teatrais o xoves co grupo A Adala e e a obra “Elixir de Xuventude”.
Todas as represenatcións son as 22:00h e con entrada de balde no salón de actos da casa da cultura.
O venres conataremos cun concurso-homenaxe ao mestre Arcadio Mon na praza de Santa MAría e organizado polo Seminario de estudos do Valadouro.
Xa no día grande das festas, o 9, a banda do Landro percorrerá as rúas de Ferreira. Pola tarde o parque infantil diverneno promocionará inchables para os máis novos na Praza de santa María entre as 17:00 e as 20:00h.
Para rematar a xornada antes da verbena da noite, contaremos cunha exhibición de baile de salón a cargo do clube deportivo Goldance ás 20:30h. no salon de actos da casa da cultura.

Exit mobile version