Foz 28-9-18. No Pleno deste pasado xoves 27 de Setembro os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” solicitáronlle ó Alcalde do Concello de Foz e ó seu equipo de Goberno que actuase nas seguintes deficiencias do noso Concello
ROGOS
Rogamos que proceda a regular o espello situado na saída da Rúa Pascual Veiga xa que os condutores que circular por esta Rúa, cando chegan ó cruce coa Rúa Irmandiños non teñen visibilidade suficiente para incorporarse.
Rogamos que se proceda a substituír a barandilla do parque Martinez Otero que está nunhas condicións lamentables e moi perigosa polo seu estado.
Rogamos que se actúe ca máxima rapidez posible na pista polideportiva de Nois, substituíndo o cerre de rede metálica e mais os elementos para practicar deporte que se atopan en mal estado, polo perigo que agora mesmo entendemos que hai para os usuarios destas instalacións.