Site icon Crónica3.com A Mariña

Gravación do programa Dreamsroad en Viveiro

Os xornalistas da cadena de televisión italiana RaiUno Valeria Cagnoni e Emerson Gattafoni están recorrendo España en moto, coñecendo distintos lugares, para a gravación do programa Dreamsroad, que leva máis de catorce anos emitíndose nese canal e que conta con grande popularidade. O sábado 22 de setembro, estes xornalistas chegarán a Viveiro para coñecer o noso concello e mostrar algúns dos seus principais recursos turísticos.

Exit mobile version