Site icon Crónica3.com A Mariña

III Festival Músico-Vocal “Arcadio Mon”

O Valadouro 7-9-18. A terceira edición do Festival Músico Vocal “Arcadio Mon” celebrouse o pasado venres, día 7 de setembro, na Praza de Santa María de Ferreira do Valadouro, como preludio ás Festas do Oito. O Seminario de Estudos do Valadouro xuntou a varios rapaces, novos talentos da música, e a varios artistas para honrar a memoria do ilustre músico nado en Bacoi (parroquia de Alfoz) e que tanto fixo pola música, sobre todo a través do seu traballo nas orquestras e na Dirección da Escola de Música de Foz.

Catro rapaces optaron ó Primeiro Premio do certame de novos talentos, sendo o gañador, finalmente, o mindoniense Alejandro Barreira.

A continuación actuaron os Amigos do Acordeón da Mariña (grupo formado por 11 acordeonistas de diversos lugares da Mariña e incluso de fóra dela), e os cantantes Chingla, Toni Cazás, Pila, Marga Gutiérrez e Joe Carey.

O acto congregou a un bo número de persoas na Praza de Santa María de Ferreira e, como cada ano, resultou moi emotivo e interesante. A el asistiron os máximos responsables políticos dos concellos de Alfoz e Valadouro e tamén o Deputado Provincial Álvaro Santos, posto que o Festival está patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo e os concellos de Alfoz e O Valadouro.

Exit mobile version