Site icon Crónica3.com A Mariña

Luci: ‘O que máis aprecio de burela é a profesionalidade do club e a calidade das xogadoras’

Burela 31-8-18. Lucía Gómez González (A Coruña, 1992) foi presentada como nova xogadora laranxa xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo, Rubén Blanco, mostrándose moi ilusionada: “Xa coñecía algo, pero o que máis aprecio, e non deixa de sorprenderme, deste club é o seu profesionalidade e a calidade das xogadoras. Desde o primeiro contacto para min foi unha ilusión. Teño a oportunidade de quedarme en Galicia, no mellor club galego e un dos mellores de España, por non dicir o mellor”.

A ala internacional Luci confésase cómoda e disposta a todo, con case dúas semanas de pretempada: “O grupo responde ben; as sensacións nesta segunda semana son boas e eu síntome cómoda. A miña meta persoal é medrar como xogadora, dar o mellor de min e axudar ao equipo a conseguir os obxectivos. Somos ambiciosos e o obxectivo é loitar por todos os títulos”, así de clara se mostraba a nova 19 laranxa, con moito que achegar ao este proxecto repleto de soños: “Son unha xogadora zurda con visión de xogo, gústame ter moito o balón; creo que son bastante completa para axudar ao meu equipo desde a miña faceta”.

I Torneo FSF Cidade de Narón

As pupilas de Julio Delgado e Lucas disputarán mañá o seu segundo test de pretempada, en l Torneo FSF Cidade de Narón, organizado por Comarcal A Fervenza FSF. Esta será unha cita moi especial para Luci, no reencontro coas súas compañeiras do Envialia: “É un partido especial, estiven en Ourense dúas tempadas moi boas e teño ganas de ver ás miñas antigas compañeiras como rivais”, explicaba a coruñesa esperando a segunda semifinal do torneo que enfrontará a ourensás e mariñás ás 17.30. Antes, ás 16.00 horas, as anfitrioas recibirán a Viaxes Amarelle FSF.

Exit mobile version