Site icon Crónica3.com A Mariña

Mellora de estradas da Deputación en Viveiro

Viveiro, 25 de setembro de 2018. A Deputación Provincial de Lugo, no marco do Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciais 2017/2019, vai levar a cabo obras de mellora en distintas estradas de titularidade provincial. Os tramos dos viais nos que se vai actuar, que son propostos polo Concello de Viveiro, son os seguintes:
LU-P-6601 “de Misericordia a Silvarosa”, pk 0+000 ao 1+350
LU-P-6611 “de Magazos a Fontecoba”, pk 1+500 ao 2+830
LU-P-6613 “do Cemiterio novo á igrexa de San Roque”, pk 1+100 ao 3+000.
A actuación que se vai acometer nestes viais consiste no aglomerado en quente do seu firme, sinalización vertical e horizontal e limpeza de cunetas. Estas obras, que teñen un presuposto de adxudicación de 127.897 euros, supoñen un importante investimento do ente provincial e unha mellora para a calidade de vida dos veciños e veciñas deste municipio.
A empresa adxuditaria iniciou no día de hoxe as obras no tramo referido da estrada provincial que vai do Cementerio novo á Igrexa de San Roque. Segundo as súas previsións, se todo vai ben, esta actuación podería quedar rematada no día de mañá; de ser así, executarían as obras da estrada que une Magazos a Fontecoba entre o xoves e venres desta semana. Quedaría, finalmente, o arranxo do tramo de Misericordia a Silvarosa, cuxa execución se planificará nas vindeiras semanas en función das previsións climatolóxicas.

Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente á Deputación Provincial de Lugo pola inversión referida e aproveitarse a ocasión para pedir disculpas á veciñanza polas molestias que a execución das obras poidan ocasionar.

Exit mobile version