Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno do Concello a acondicionar o camiño vello en Marzán

Foz 25-9-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Esta moción xa foi debatida e aprobada en Outubro do ano 2016, daquela conseguiuse que se limpara este camiño, pero dous anos despois vémonos na necesidade de volver a traela Pleno. Novamente este camiño volve a estar intransitable.
Para “Foz, Plataforma de Futuro” unha das nosas maiores preocupacións son as vías de comunicación do noso Concello. Sobre todo aqueles camiños das nosas parroquias que lles gusta ter en bo estado para poder facer uso deles. Nos últimos tempos dos veciños da zoa de Marzán, puxéronse en contacto con nós, para informarnos dun camiño que está nunhas condicións intransitables, coñecido como “O Camiño Vello”, este camiño sae do lado da “casa de Cadrado” e vai cara estrada Xeral antes de chegar á Gasolineira.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a acondicionar para que sexa transitable o “Camiño Vello” no barrio de Marzán.

Exit mobile version