Site icon Crónica3.com A Mariña

Nace Ed Lourenzá Ciclismo Maderas Naciente, nova Sección das Escolas

Lourenzá 1-9-18. Este venres quedou constituida unha nova sección dentro do organigrama das Escolas. Na asamblea estivo presente o presidente do club Pablo Maseda e decidiuse que a sección terá unha comisión xestora formada por 6 socios constituíntes e un coordinador deportivo que será Juan Luís Méndez. Acordouse nomear socio honorífico a José Manuel López Otero.
A sección nace aberta a todo o mundo que quera gozar do mundo da bici, do duatlón, do triatlón e do deporte en xeral. Correr, Nadar e Bici centrarán os esforzos da nova sección.
Todos aqueles que queiran formar parte da mesma poden solicitalo ó correo do club escolaslourenza@gmail.com
A sección presentouse na Praza do Conde Santo e estivo acompañada polo tenente de Alcalde do Concello, Manuel Arango e o Patrocinador principal da sección Maderas Naciente.
Os menores de 18 anos seguirán formando parte das Escolas coa súa cuota de alumno mentres que os maiores de 18 anos o farán como socio deportivo que pode ser normal ou familiar.
A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlón na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón e Pentatlón Moderno que contará tamén coa súa sección federada.

Exit mobile version