Site icon Crónica3.com A Mariña

No período estival a Oficina de Turismo do Concello de Viveiro recibiu un total de 22.887 visitas

Viveiro, 3 de setembro de 2018. No período estival a Oficina de Turismo do Concello de Viveiro recibiu un total de 22.887 visitas, das que 18.600 se corresponden con turismo nacional. Este cifra mostra un claro incremento no número visitantes, considerando que pode deberse ao traballo realizado ao longo dos últimos para promocionar o noso municipio dentro e fóra das nosas fronteiras, destacando a importancia de estar presentes nas feiras de turismo internacionais máis importantes, como é o caso de WTM e Rimini.

En canto ás cifras de turismo nacional, cómpre sinalar que Viveiro recibiu en xuño un total de 849 visitantes; en xullo, 7.356; e en agosto, 10.395. En canto ao lugar de procedencia, cabe sinalar que a maior parte deste turistas proceden de Madrid, Galicia, Castela e León, País Vasco e Cataluña, por esta orde.

En canto ás cifras de turismo internacional, cómpre sinalar que en xuño Viveiro recibiu un total de 1.003 visitantes; en xullo, 1.230; e en agosto, 2.054 visitantes. En canto ao lugar de procedencia, cabe sinalar que a maior parte destes turistas proceden de Francia, Reino Unido, Alemania, Holanda e Italia, por esta orde.

O que máis valoran os turistas que visitan o noso concello son as súas paisaxes, a tranquilidade, a gastronomía, as praias e a amabilidade da xente. Isto demostra, como vén afirmando o concello, que Viveiro é un destino turístico de calidade, que ofrece ao visitante diversas opcións.

Atendendo ás razóns polas que estes visitantes escolleron Viveiro como destino turístico, cómpre destacar que a gran maioría viñeron ata aquí por iniciativa propia, é dicir, que escoller esta opción despois valorar outras opcións, sendo coñecedores dos seus recursos e posibilidades. Outros motivos polos que Viveiro foi escollido como destino estival son a información que os propios visitantes atoparon sobre o municipio en interne, a información facilitada noutras oficinas de turismo e a presenza de Viveiro en revistas especializadas.

Segundo a información facilitada, os sitios máis visitados dentro do noso municipio son o casco histórico, San Roque, as praias, o Souto da Retorta e o Pozo da Ferida.

Cómpre sinalar, finalmente, que a estancia media destes turistas en Viveiro é duns 6-7 días, sendo a media de idade predominante, por franxas de idade, a de 45-54 anos, seguida en segundo, terceiro e cuarto lugar, respectivamente, por aqueles que van dos 35 aos 44 anos, dos 55 aos 64 anos e dos 25 aos 34 anos. Do número de visitantes totais, un 76,64 % visitaban Viveiro por primeira vez.

Dende o Concello de Viveiro valóranse estes datos moi positivamente.

Exit mobile version