Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Ribadeo , Fernando Suarez, e o Presidente da Asociaciùon de irmandade Ribadeo–Loctudy veñen de asinar a carta de confirmacion do irmanamento entre as dúas localidades asinado en Ribadeo en setembro de 2006

Ribadeo 14-9-18. O texto da mesma, en bretón, galego, francés e espanol di o seguinte:
PROCLAMACIÓN
Confirmamos a nosa adhesión ao Pacto de Amizade entre as localidades de Ribadeo e de Loctudy, asinado en Ribadeo o 9 de setembro de 2006, e comprometémonos a :
•Manter o vínculo de amizade entre os nosos concellos, que partillan a súa identidade celta e vocación marítima,
•Fomentar e soster os intercambios entre os nosos concidadáns,
•Promover, a través das nosas relacións e da nosa cooperación, valores universais como a Liberdade, a Igualdade e a Democracia.
•Contribuír a soster os lazos históricos, con profundas marcas no noso imaxinario colectivo, entre os nosos dous países irmáns, a Bretaña e a Galiza.
En Loctudy, a 12 de setembro de 2018

Asinado :
Christine ZAMUNER. Maire de Loctudy
Marcel LE BERRE. Presidente da Asociation de Jumelage de Loctudy
Fernando SUÁREZ BARCIA. Alcalde de Ribadeo
Anxo MARTÍNS PEREZ. Presidente da Asociacion de Irmandade Ribadeo «

Ademais da asinatura da carta, celebrouse xa unha primeira reuniÓn de traballo na que participaron delegaciÓns de senllas localidades. Na mesma decidiuse seguir coas actividades de irmandade, buscando ampliar as mesmas ao sector educativo, xuventude , sectores de actividade económica e mundo asociativo. Esta prevista unha segunda para tratar de concretar máis as propostas .
O Alcalde e o Presidente da Asociación forman parte dunha delegación de 30 persoas de Ribadeo que estes días visitan esta localidade bretoa. Ambos destacaron o interese das actividades organizadas pola Asociación de Loctudy, a súa vontade de extender o Irmandamento a novos campos, así como a moi calorosa acollida que están prestando á delegacion de Ribadeo.

Exit mobile version