Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG Aplaude o paso da volta ciclista pola Mariña e aproveita para reivindicar infraestruturas para a comarca

A Mariña, xoves 6 de setembro 2018. O BNG estivo presente no paso da Vuelta pola comarca, acudindo a Viveiro para mostrar por un lado o seu apoio a este evento deportivo que supón un importante plus económico e promocional a nivel turístico, e por outro lado para denunciar o gravísimo déficit de infraestruturas que presenta a comarca da Mariña.

A formación nacionalista denunciou tamén o feito de que as estradas se bacheen puntualmente para o paso da proba ciclista, cando incomprensiblemente está sen adxudicarse definitivamente o arranxo integral da N-642, que foi licitado en xaneiro. “Esta comarca non pode seguir aturando estes desplantes e afrentas dos gobernos de Madrid, e se somos unha referencia turística e económica temos que ter as infraestruturas viarias apropiadas e acordes co século XXI”., afirmaron desde o BNG comarcal, que tamén acusaron ao goberno autonómico e ao goberno central do aillamento ao que condean a Viveiro, a cidade mais poboada da Mariña.
Os nacionalistas instan ao goberno central e a todas as forzas políticas con representación no Congreso dos Deputados a traballar pola axilización dos prazos e da aplicación das respectivas consignacións orzamentarias para a autovía Barreiros – San Cibrao e así mesmo axilizar a adxudicación do arranxo integral da N-642. No mesmo sentido instan ao goberno autonómico a rematar o corredor San Cibrao – Ferrol.

A este acto reivindicativo acudiron membros do BNG e veciñ@s en xeral.

Exit mobile version