Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro insta ao Sergas a dotar de dúas equipas completas ó PAC de Viveiro

Viveiro 15-9-18. O BNG de Viveiro denuncia o deterioro da sanidade pública en Viveiro pola “cruel política” de recortes e privatizacións do PP que pon en risco a saúde das persoas, como demostrou o tráxico incidente do PAC da Estrada do 4 de agosto onde faleceu unha persoa sen recibir atención sanitaria porque non había ningún médico no centro de urxencias.

PAC DE VIVEIRO.

Propón un plan de mellora da atención primaria que garanta dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería os 365 días do ano no centro de Urxencias de Viveiro -que atende ao Concello de Viveiro, O Vicedo e Ourol- e non só de venres a domingo.

“Por poboación, dispersión xeográfica, distancia ao centro hospitalario de referencia e tendo en conta que na Mariña só existe unha ambulancia medicalizada con base en Foz é necesario contar con dúas equipas todo o ano para garantir unha asistencia de calidade”, afirman.

ATENCIÓN ORDINARIA.

Dende a fronte nacionalista insisten e exixen ao SERGAS a cobertura de todas as ausencias e consideran que “é básico rescatar a sanidade pública da Mariña e dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte a un goberno que pretende convertela nun privilexio”.

A decisión decisións política de non substituír ao persoal cando está de vacacións, de baixa por enfermidade, por xubilación ou por outros motivos, o que está a ter como consecuencia a masificación de consultas, redución de profesionais sanitarios, precariedade laboral, aumento das listas de espera mesmo para ir á consulta de medicina de familia.

Exit mobile version