Site icon Crónica3.com A Mariña

O Claustro do IES Plurilíngüe San Rosendo de Mondoñedo manifesta a súa indignación ante a situación xerada pola imposibilidade de abrir a cafetería do instituto

Mondoñedo 20-9-18. Dende o primeiro día de clase, 17 de setembro, todo o alumnado ten que cumprir o horario completo (de 9.30 á 15.00 e de 16.30 á 18.10). Dita cafetería ofrece bocadillos e bebida ao alumnado durante o recreo, e ao mediodía a quen o precise. A situación vese agravada polo feito de que a maioría do alumnado está entorno a 7 horas (tendo en conta que moitos saen da casa 1 hora antes para coller o bus), sen poder acceder a comida ou bebida. A persoa encargada da cafetería ten todos os papeis en regra e ten a cafetería adxudicada, porén falta a sinatura da Consellería para empezar a ofrecer un servizo que leva 12 anos ofrecendo dende todos os inicios de curso, cando os trámites dependían do Centro. Sendo conscientes da inxente cantidade de traballo que ten a Consellería nos inicios de curso, rogamos axilicen a sinatura dos contratos e, no seu defecto, sexa enviada autorización á maior brevidade posible.

Exit mobile version