No primeiro caso, a obra conta cun investimento de 80.000 euros, subvencionados ao 50% pola Xunta de Galicia, e foi adxudicada a Construcciones y Canalizaciones José Saá.
No caso das rúas de San Ciprián a actuación contempla un orzamento de 145.000 euros, integramente procedentes de fondos municipais, e será realizada, logo do proceso de adxudicación, por Carferlo S.L.
No caso do Camiño de Rúa a obra, enmarcada no Plan de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural, conta cun investimento de 39.632 euros e será executada por Excavaciones y Obras Marcos, S.L.
Está previsto que as tres obras estean rematadas antes de que finalice o ano.
O alcalde subliñou que estamos a falar de actuacións que este equipo de goberno marcou como prioritarias polo que “axilizamos ao máximo os trámites para que puidesen ser realidade canto antes”. Villares puntualizou, así mesmo, que se trata de “obras de inversión que abranguen toda a amplitude do noso Concello, desde a zona máis urbana á rural”.