Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo clausurou a II Semana da Prevención de Incendios na que participaron máis de 700 escolares de toda A Mariña

Cervo, 26 de setembro de 2018.- O Concello de Cervo clausurou no día de hoxe a II Semana da Prevención de Incendios que contou, durante os tres días, coa participación de máis de 700 escolares de diferentes puntos da Mariña (de Cervo –dos colexios e do IES-, de Xove, de Foz, de Burela, de Trabada ou de Viveiro).
As xornadas foron realizadas, por segundo ano consecutivo, en colaboración coa Fundación MAPFRE, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) e Alcoa.
De feito, a brigada de incendios de Alcoa, foi a encargada de poñer este mediodía o broche de ouro á actividade cun simulacro de extinción de incendios que desenvolveron despregando boa parte do seu dispositivo nos exteriores do Pavillón da Veiga; ante a atenta mirada dos preto de 200 nenos e nenas que estaban presentes.
Ademais, o alumnado comprobou a temperatura que se chega a acadar nun espazo pechado cando se declara un lume; e as condicións extremas coas que se poden atopar os medios de extinción nunha xornada de traballo.
Recordamos que o circuíto de seguridade estaba composto por diferentes estacións. Estas eran a casiña de fume, unha estrutura inchable, duns 400 metros cadrados de superficie, que se enche de fume inocuo –xerado por xeo- para explicar aos menores como realizar unha evacuación en caso de incendio; a sala de proxeccións na que se emiten vídeos relacionados coa autoprotección escolar, a sección de primeiros auxilios, a exposición do dispositivo de emerxencias co que conta o Concello de Cervo e o apartado onde realizan prácticas de extinción. Ademais, os nenos e nenas levaron para as súas casas material didáctivo de prevención.

Exit mobile version