Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz remata o plan de mellora dos accesos aos principais núcleos da parroquia de Cordido

Foz, 24 de setembro de 2018. O concelleiro de Obras e Medio Rural de Foz, Pedro Fernández Manín, acompañado polo presidente da asociación de veciños e da presidenta da comunidade de montes da parroquia de Cordido, visitou as obras realizadas na estrada que vai desde Pumariño a Chao da Vila pasando por Sixto. Con esta actuación rematou un plan de mellora dos accesos as os principais núcleos de Cordido.
“Hoxe visitamos, acompañados do presidente da asociación de veciños, da presidenta da comunidade de montes e doutros veciños da parroquia de Cordido, as obras de pavimentación con aglomerado en quente dende Pumariño a Chao da Vila, dando servizo ao barrio do Sixto, un núcleo dos máis poboados da parroquia con moito tránsito de vehículos e viandantes”, explicou Pedro Fernández Manín, quen salientou que “esta obra era moi solicitada polos veciños e contou sempre co apoio tanto da asociación de veciños como da directiva da comunidade de montes”.
O edil de Obras e Medio Rural en Foz subliñou que “con esta obra pechamos un ciclo en Cordido de accesos aos principais núcleos rurais da parroquia, que hai cinco anos empezou a recibir o primeiro aglomerado en quente e que hoxe ten un servizo completamente adaptado a todos os barrios desta parroquia”.
Pedro Fernández Manín quixo “dar a noraboa a todos os veciños de Cordido e esperamos seguir apoiándoos en todo o que eles necesiten, como no resto das parroquias e no casco urbano de Foz”.

Exit mobile version