Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo traballa estes días nas obras de mellora de accesos a diferentes núcleos e parroquias da costa e do interior

Ribadeo, 24 de setembro de 2018. O Concello traballa estes días nas obras de mellora de accesos en núcleos e parroquias como Meirengos e Cedofeita. Os traballos, con cargo a diferentes plans de financiamento, seguirán nos vindeiros días por outros puntos da costa e do interior ribadense.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que “estes días estamos traballando en moitas das parroquias do concello, tanto nas da costa como nas do interior, concretamente estamos en Meirengos e máis en Cedofeita, facendo labores de aglomerado asfáltico”.
O rexedor subliñou que “desde o goberno municipal entendemos que é a mellor maneira para aglomerar con durabilidade. Todo o que se fai con este material dura moitos máis anos. É certo que é máis caro que o rego asfáltico tradicional, pero os resultados son moito mellor e moito máis duradeiros. Outra cousa é que non se poida abranguer tanta superficie como co rego asfáltico, pero pouco a pouco estámoslle dando un cambio importante ás parroquias do concello tanto da costa como do interior”.
O alcalde lembrou que “nos próximos días, con diferentes plans, seguiremos actuando coas adxudicacións que facemos ás diferentes empresas que, a través dos procedementos abertos, son adxudicatarias destas obras tan importantes para as nosas parroquias”.

Exit mobile version