Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro, en coordinación co Instituto Nacional da Seguridade Social, realizou as xestións oportunas para desaloxar os vehículos estacionados na explanada existente na Avda Ramón Canosa, e proceder ao seu peche, despois de que fora empregada como estacionamento durante o verán

Na Xunta de Goberno Local da vindeira semana concederase, previsiblemente, a licenza de obra para a construción do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) nesta explanada, polo que o INSS podería iniciar as obras proximamente.

Exit mobile version