Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro evita declarar persoas non gratas aos membros da manada

Viveiro 11-9-18. O PSOE de Viveiro evita declarar persoas non gratas aos membros da manada xa que, segundo eles, xa amosaron o seu rexeitamento nun pleno o pasado xuño. Neste pleno, non se falou en ningún punto sobre declarar persoas non gratas a estes violadores, nen tan sequera se acordou tomar ningunha medida real nin directa que amose o rexeitamento destas prácticas no concello. Dende o BNG de Viveiro, cremos que o Concello de Viveiro ten que dar exemplo e rexeitar este tipo de prácticas e tamén aos seus causantes.
Declarando persoas non gratas aos membros da Manada, servirá de precedente para
amosar que en Viveiro non queremos xente desa índole.
Non é a primeira vez que o PSOE de Viveiro se mantén equidistante á hora da verdade.
Recordamos a nosa iniciativa de mudar o nome do Ceip de Celeiro que levaba o nome dun
falanxista e como se mantiveron nunha posición de todo menos clara. Ou tamén podemos
falar do emisario submarino de Viveiro, que xa hai máis dun ano que dende o BNG
denunciamos que non se inicien as obras no prazo acordado, onde até no parlamento
galego se lle culpou ao Goberno Local de Viveiro de non enviar os informes necesarios.

Exit mobile version