Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro remitiu un escrito á Axencia Galega de Infraesturas para reiterar a necesidade de adoptar as medidas correctoras que eviten o alto índice de siniestralidade existente na LU-102

Viveiro 7-9-18. Esta petición xa foi realizada en abril de 2018, cando se enviou a esa administración unha copia do informe técnico emitido pola Policía Local do Concello de Viveiro sobre posibles medidas correctoras a aplicar na estrada LU-102, que transcorre integramanente por este termo municipal e no que se constata a existencia dunha alto índice de sinistrialidade. No informe enviado, ademais de realizar unha análise da siniestralidade, definíanse os problemas detectados e apuntábanse as posibles medidas correctoras.

Tendo en conta o tempo transcorrido sen recibir ningún tipo de información ao respecto, este concello remitiu novamente unha copia do informe técnico referido e reiterou a solicitude realizada no seu día, instando á Axencia Galega de Infraesturas, como titular do vial, para que se adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade desta estrada.

Exit mobile version