Site icon Crónica3.com A Mariña

O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz comezará o vindeiro luns. A reunión de presentación será este xoves

Foz, 25 de setembro de 2018. O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz comezará o vindeiro luns, día 1 de outubro, e desenvolverase ata o 31 de maio de 2019. A reunión de presentación terá lugar este xoves, día 27, ás 18:00 horas na Casa da Cultura focense.
Nas Escolas Deportivas Municipais de Foz poderán participar todos os nados entre os anos 2014 e 2002, ambos inclusive. Os alumnos deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social coa ficha. 
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; e 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Exit mobile version