Onte tivo lugar no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) no Concello de Foz o obradoiro de Marketing Online cunha variada representación do sector como aloxamento rural, hostalaría, turismo activo, restauración, información turística municipal e xestión turística do destino.
Foi un obradoiro práctico no que se trataron distintas temáticas, como as ferramentas dixitais máis útiles, recomendacións para a xestión das canles de social media, tendencias da demanda ou tips para os copys creativos.
O mércores 26 de setembro ás 16:30 horas farase a mesma xornada na Aula de formación do Centro Cívico de Xove.
Reserva praza e inscríbite aquí:
https://goo.gl/forms/i2NlxYZK6uwqYFZN2