A subdelegada do Goberno explicou que “o mal estado no que se atopaba o pavimento desta estrada e o perigo que supoñía para os condutores obrigounos a actuar, Fomento tivo que aumentar o orzamento previsto con anterioridade para levar a cabo novas obras de urxencia, foi a segunda ampliación da declaración inicial de emerxencia e con ela duplicamos os cartos investidos antes”.
REMATE DAS OBRAS DE EMERXENCIA
As obras de urxencia que se levan realizado para acondicionar o pavimento supuxeron un investimento total de máis de 1.523.000 euros para arranxar o pavimento en distintos treitos da estrada.
O investimento feito coa declaración inicial de emerxencia foi de 173.915 euros nunhas obras realizadas entre os pk 2+200 e 7+900. Posteriormente, ampliouse a declaración de emerxencia para realizar novas melloras entre os pk 2+200 e 45+300, nas que se investiron outros 620.383 euros.
Pero o grave deterioro do pavimento nesta vía, con fochancas de ata 10 cm de profundidade, aconsellou a realización dunha segunda ampliación da declaración de emerxencia, para poder mellorar o antes posible o estado da estrada sen ter que esperar ao comezo das obras do proxecto de rehabilitación estrutural que Fomento levará a cabo nos vindeiros meses na N-642.
Por este motivo, Fomento aprobou a principios do mes de agosto unha nova actuación de emerxencia, que permitiu adiantar o investimento de 729.567 euros, unha partida que se destinou a mellorar o pavimento entre os pk 26+900 e 54+395. Estas obras leváronse a cabo durante o último mes e xa están rematadas.
REHABILITACIÓN ESTRUTURAL, EN BREVE
A subdelegada do Goberno tamén anunciou que nas próximas semanas, a finais de setembro ou principios de outubro, darán comezo as obras do proxecto de rehabilitación estrutural da N-642. Esta nova actuación executarase entre os puntos kilométricos 26+950 ao 28+800 e 36+500 ao 55+000.O proxecto de rehabilitación estrutural da N-642 foi adxudicado por Fomento cun presuposto de 1.996.484 euros (ive incluído) e cun prazo de execución de doce meses.