Site icon Crónica3.com A Mariña

O Palma recupera o galardón do Burela Bonita

Burela 2-9-18. O Palma Futsal, triunfador do Torneo Burela Bonita xa no nacemento da cita, recuperou esta noite o galardón mariñán nunha final na que se impuxo 2-8 fronte a un Pescados Rubén Burela FS que amosou bos momentos fronte a un impoñente rival de Primeira. Os insulares despídense da Mariña con dobrete campión, en sénior e xuvenil, fronte aos anfitrións.

Mati Rosa e Taffy intentaron sorprender a Edu nos primeiros compases. No entanto, R. Vargas foi o que tomou a iniciativa, para os anfritrións, no minuto 4; precisou tres tentativas para perforar a rede de Barrón. O meta insular freou as dúas primeiras pero nada puido facer á terceira, co 15 laranxa a pase de Juanfran. Pouco lles durou a vantaxe aos de Juanma Marrube; acto seguido Catela igualaba a contenda dende saque de esquina e no 6 poñía por diante os visitantes. Tan só dous minutos despois, os insulares abrían camino co 1-3 nunha volea de Eloy Rojas. Tras o 1-4, de Taffy (minuto 11), nun erro de transición burelista, chegou a reacción laranxa, capitaneda por Matamoros, que recurtou co 2-4 no 12. Barrón evitó o terceiro dos galegos fronte a Hélder no 15 e Edu fixo o propio no 17 ante Rosa. Porén foi de novo o equipo de Primeira, sen perdoar, o que atopou premio, no minuto 19, de falta, con Diego Nunes.

Os de Juanma Marrube volveron á pista con todo, pero antes de cumprirse o minuto 22, o Palma volveu dar un golpe de autoridade, con Mati Rosa (2-6), nunha perda laranxa. Non quixeron baixar os brazos os mariñáns; no 27 Hélder tenteou con moito perigo a Barrón e segundos despois Pitero a punto estivo de cazar unha de ouro pegado á liña de meta. No 30, Taffy ampliou a fenda o 2-7. Con cinco minutos por diante, R. Vargas saíu como porteiro jugador para os da casa. O definitivo 2-8 chegou no 38, de Joaki, nunha recuperación sobre Luisma ao lado da meta de Imanol.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, R. Vargas, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Lucho, Juanfran, Pitero, Porto, Imanol, Nito

Palma Futsal: Carlos Barrón, Lolo, Taffy, Nunes, Rosa, cinco inicial; tamén xogaron Tomaz, Hamza, Catela, Joselito, Eloy Rojas, Paradynski, Joaki

Goles: 1-0, minuto 5, R. Vargas; 1-1, minuto 4, Catela; 1-2, minuto 6, Catela; 1-3, minuto 8, Eloy Rojas; 1-4, minuto 11, Taffy; 2-4, minuto 12, Matamoros; 2-5, minuto 19, Nunes; 2-6, minuto 22, Rosa; 2-7, minuto 30, Taffy; 2-8, minuto 38, Joaki

Árbitros: Feliz Otero // Nóvoa García (Ourense). Por Burela amarela a Pitero. Por Palma amarela para Lolo, Mati Rosa

Incidencias: Partido correspondente á final do III Torneo Burela Bonita, disputado en Vista Alegre ante uns 500 afeccionados/as.

Exit mobile version