Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP logra que o Pleno da Deputación de Lugo rexeite a supresión dos cuarteis da Garda Civil na provincia

Lugo 25, setembro, 2018. O Grupo Provincial do PP logra que o Pleno da Deputación de Lugo aprobe o rexeitamento á supresión dos cuarteis da Garda Civil na provincia como propoñen asociacións de Gardas Civís co obxectivo de que en ningún posto haxa menos de 20 efectivos cos votos a favor do propio Grupo Popular, o Grupo Socialista e do deputado non adscrito e a abstención dos deputados nacionalistas. Nesa liña, piden ao ministro socialista de Interior que manteña a postura do anterior ministro Zoido en contra da reorganización e reordenación dos postos da Garda Civil que suporía suprimir servizos en municipios do rural.

O Grupo Provincial do PP faise eco do malestar dos veciños e veciñas destas localidades que poderían verse afectadas por esta proposta das asociacións de Garda Civil que agora o Ministerio de Interior, así como do rexeitamento amosado polos alcaldes a este plan, posto que non queren que este Corpo perda a súa presenza permanente nos seus respectivos municipios.

Os alcaldes destes municipios teñen trasladado en innumerables ocasións a importancia de que estes efectivos presten o seu labor nos seus concellos, especialmente naquelas localidade emprazadas no medio rural, onde seguen a desenvolver un importante traballo de disuasión e mesmo de resolución de actuacións delictivas.

De feito, recordan desde o PP, os socialistas, agora no Goberno do Estado, teñen defendido a necesidade de incrementar o número de efectivos, o que contrasta coa idea de pechar os cuarteis que acaban de facer pública. Así mesmo, nas declaracións que acompañan ás informacións xa citadas o propio vicepresidente da Deputación e alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, mostra o seu rexeitamento ao peche destas dependencias.

Os populares consideran que antes de tomar esta decisión é preciso ademais coñecer todos os detalles e consecuencias na comisión sobre o modelo policial constituída no Congreso. Nela, precisan, deberan ter en conta a extensión da nosa provincia e que para trasladarse desde unha capital ou desde algunha cabeceira comarcal ou algún municipio se pode chegar a tardar más dunha hora, o que podería complicar a atención ás emerxencias que se poidan producir.

“Coherencia” dos Gobernos
Os populares pídenlle “coherencia” aos socialistas que xa teñen amosado o seu rexeitamento a estes peches na provincia; pero “tamén aos socialistas do Goberno central que teñen cambiado de opinión en moitos asuntos e que, polo tanto, nos fan difícil que confiemos en que, neste caso, non pechen cuarteis”. Os deputados populares defenden que “non temos presentado antes esta moción porque confiabamos no Goberno de Mariano Rajoy que, de feito, non pechou eses cuarteis nestes 7 anos”.

Exit mobile version